Datos para a prensa
Cifras das lonxas galegas listas para citar, coa súa fonte e como lelas. Saen das notas de primeira venda da Xunta de Galicia, de 2003 a hoxe.
Balances para citar, co seu CSV: Setembro de 2026 · 2026, ata o 30 de setembro · 2025 · todos
A campaña, especie por especie
Prezo de 2025 e o habitual de cada marisco. Tamén en CSV, para abrir nunha folla de cálculo.
| Especie | 15–28 nov 2025 | 20–24 dec 2025 | Adoita subir | Sen sobreprezo ata | Salto |
|---|---|---|---|---|---|
| Percebe | 47,68 | 86,19 | +69 % | 28 nov | 13 dec |
| Centola | 13,40 | 22,13 | +64 % | 28 nov | 9 dec |
| Nécora | 23,04 | 37,70 | +70 % | 28 nov | 13 dec |
| Lumbrigante | 37,48 | 50,09 | +35 % | 5 dec | 19 dec |
| Ameixa fina | 38,72 | 51,95 | +34 % | 5 dec | 14 dec |
| Camarón común | 33,10 | 46,62 | +57 % | 28 nov | 16 dec |
| Rodaballo | 32,65 | 35,78 | +20 % | 5 dec | — |
| Ollomol | 34,59 | 41,41 | +32 %¹ | 28 nov | 10 dec |
| Boi | 11,46 | 15,24 | +37 % | 28 nov | 8 dec |
| Santiaguiño | 106,29 | 147,74 | +45 % | 28 nov | 18 dec |
| Robaliza | 20,06 | 19,07 | +32 % | 5 dec | 16 dec |
| Ameixa xaponesa | 13,21 | 19,77 | +17 % | 12 dec° | — |
| Ameixa babosa | 33,61 | 49,93 | +41 % | 5 dec° | 16 dec |
€/kg de primeira venda en lonxa. «Adoita subir»: do prezo de partida (15–28 nov) á Noiteboa; ¹ ata fin de ano. ° Menos de 7 de 10 anos comparando cada lonxa consigo mesma. Salto: o día no que o prezo de 7 días supera nun 25 % o de partida.
Balances do mes e do ano
Unha páxina fixa para cada mes e cada ano, coas especies e as lonxas que máis facturaron, os récords, o que se pagou por riba ou por debaixo do habitual, o seu CSV e como citala. Actualízase soa cada mañá. As de 2026 son provisionais: dato diario da Xunta.
- 37,8 M€
En setembro de 2026, as lonxas galegas venderon 12.659 t de peixe e marisco por 37,8 M€: un 1,1 % máis de diñeiro ca en setembro de 2025.
- 407,8 M€
En 2025, as lonxas galegas venderon 107.599 t de peixe e marisco por 407,8 M€: un 6,5 % máis de diñeiro ca en 2024.
Cifras do ano en curso
Provisionais, con datos ata o mércores 30 de setembro de 2026: saen do visor diario da Xunta e poden corrixirse ata o peche anual. Euros correntes, sen descontar a inflación.
- 290,6 M€
Do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2026, as lonxas galegas venderon 82.195 t de peixe e marisco por 290,6 M€: un 2,4 % menos en euros e un 1,6 % menos en quilos ca nas mesmas datas de 2025.
- 20,1 %
Vigo é a lonxa que máis factura: 80,5 M€ nos últimos 12 meses (ata o 27 de setembro de 2026), o 20,1 % do facturado en Galicia.
- 8
En 2026, 8 especies superaron a súa media diaria máis alta nunha lonxa desde 2016; o récord máis alto é do lumbrigante: 65,47 €/kg de media en Ribeira o mércores 25 de marzo de 2026.
Series por especie (CSV)
O prezo e os quilos de cada mes desde 2016 das 54 especies con ficha, para abrir nunha folla de cálculo: euros correntes e constantes e o estado de cada mes (oficial ou provisional).
Descargar os récords de cada especie (CSV)
Peixe
Marisco
Punto e coma e coma decimal; arriba, que é cada columna, en castelán e en galego. Os mesmos datos das fichas, coa licenza CC BY 4.0.
Por que os titulares dan prezos máis altos cós nosos?
Damos a media de todo o vendido cada día (Σ € / Σ kg). Os titulares adoitan dar o lote máis caro, que poden ser uns poucos quilos. Na ficha de cada especie, «Distribución de prezos» amosa como se repartiron por prezo os quilos dos últimos 7 días e, cando se afasta moito da media, o lote máis caro.
Como citar e ligar
Fonte: Lonja Galicia (lonjagalicia.com), con datos da Xunta de Galicia – Plataforma Tecnolóxica da Pesca (pescadegalicia.gal).
- Se o publicas en internet, liga a páxina da que sae a cifra (por exemplo, a ficha da especie ou esta páxina): así quen te le pode comprobala.
- O prezo medio de primeira venda é o que pagan de media os compradores en lonxa por quilo (Σ € / Σ kg). Non é o prezo da peixaría.
- O habitual e as comparacións entre anos fanse en euros constantes (de decembro de 2025); as cifras do ano en curso, en euros correntes. 2016–2025 é oficial; o ano en curso sae do visor da Xunta e é provisional ata o peche anual (canto fiarse dos datos).
Uso e contacto
O elaborado por Lonja Galicia (textos, táboas, gráficos, bandas e veredictos) pódese reutilizar coa licenza CC BY 4.0, citando a fonte. Os datos da Xunta, segundo o aviso legal de pescadegalicia.gal. Condicións completas: Aviso legal.
Para calquera dúbida sobre as cifras: lonjagalicia@gmail.com