Ir ao contido
EspañolESPGalegoGAL

Sobre o proxecto

Que é

Lonja Galicia conta cada día o mar galego cos seus propios números, sacados das notas oficiais de primeira venda da Xunta de Galicia: canto vale cada especie, se está por riba ou por debaixo do seu prezo habitual e cando é tempada.

Quen o fai

Faino Miguel Romay Jove, como proxecto independente. Non é unha web da Xunta nin de ningunha lonxa, confraría ou empresa do sector, e ningunha delas o patrocina nin o respalda.

Contacto: lonjagalicia@gmail.com. Se ves unha cifra que non cadra, escríbeme e revísoa.

Licenza

Os datos son da Xunta de Galicia e reutilízanse segundo o aviso legal de pescadegalicia.gal, citando a fonte e sen desnaturalizalos. O elaborado aquí (textos, táboas, gráficos, bandas e veredictos) publícase con licenza CC BY 4.0: pódese reutilizar citando «Lonja Galicia (lonjagalicia.com)». Para citar unha cifra: como citar e ligar.