Política de privacidade
Última actualización:
En resumo: en Lonja Galicia non hai contas, formularios nin publicidade. Só tratamos datos persoais en tres casos:
- cando nos escribes;
- cando o teu navegador pide as páxinas, co imprescindible para servilas e protexelas;
- se o aceptas, para analizar o uso da web cun identificador aleatorio.
Responsable
Miguel Romay Jove · lonjagalicia@gmail.com
Que datos tratamos, para que e con que base
Se nos escribes
- Datos
- O teu enderezo de correo, o teu nome se nolo dás e o que nos contes.
- Para que
- Responderche e, se cómpre, corrixir ou mellorar a web.
- Base
- O noso interese lexítimo en atender a quen nos escribe (art. 6.1.f do RGPD).
- Canto tempo
- Ata 12 meses despois da última mensaxe, salvo que unha lei obrigue a gardalo máis.
Cando visitas a web
- Datos
- Enderezo IP, navegador, sistema operativo, páxina pedida, data e hora.
- Quen os trata
- O noso provedor de aloxamento e a súa rede.
- Para que
- Servir as páxinas e frear abusos e robots.
- Base
- Interese lexítimo en que a web funcione e sexa segura (art. 6.1.f do RGPD).
- Canto tempo
- O prazo breve que fixan eses provedores para a seguridade e o funcionamento. Non usamos estes datos para identificarte.
Análise do uso da web
- Sempre
- Estatísticas de uso sen identificarte: páxina vista, idioma, tipo de pantalla (móbil, tableta ou ordenador), país desde o que te conectas (só o país, que Cloudflare deduce da conexión), web de procedencia e buscas no buscador de especies. Tamén, por tramos, ata onde se le cada páxina e canto tempo está á vista, cantas páxinas ten a visita, que botóns e ligazóns se premen (tamén os de compartir), a velocidade de carga e se se acepta, se rexeita ou se deixa sen contestar o aviso de cookies. Se unha peza desta web está inserida noutra web, contamos as súas cargas (unha de cada dez, ao chou) co dominio desa web. Son datos soltos, sen ningún identificador, que só serven sumados. Non gardamos o teu enderezo IP nin nada no teu navegador.
- Co teu permiso
- Ademais, un identificador aleatorio gardado no teu navegador (13 meses) e outro que dura o que a lapela, para saber cantas persoas distintas veñen e cantas volven.
- Para que
- Saber que se consulta e que falta, e mellorar a web. Non se usa para publicidade nin se cruza con outros datos.
- Base
- Sen identificador, o noso interese lexítimo en saber canto se usa a web (art. 6.1.f do RGPD). Co identificador, o teu consentimento (art. 6.1.a do RGPD e art. 22.2 da LSSI), que podes retirar cando queiras desde «Cookies», no pé de cada páxina.
- Onde
- Nunha base de datos de Cloudflare (D1) restrinxida á Unión Europea: os datos gárdanse e trátanse só en centros de datos da UE. O apuntado antes do traslado (outubro de 2026) segue nunha base de datos de Supabase xestionada por Lovable (Lovable Cloud), con servidores en Europa, ata que se borre.
- Canto tempo
- 13 meses. Despois bórrase.
Usamos tamén Google Search Console para saber como aparece a web no buscador de Google. Non instala nada no teu navegador nin nos dá datos de visitantes concretos.
Provedores que interveñen
- Cloudflare, Inc. (Estados Unidos): aloxamento da web (Cloudflare Workers, desde o 26/09/2026), rede de distribución e seguridade e, desde outubro de 2026, a base de datos da análise do uso da web (Cloudflare D1, cos datos só na Unión Europea).
- Supabase Pte. Ltd. (Singapur), a través de Lovable Cloud: a base de datos da análise ata outubro de 2026, con servidores en Europa. Garda o apuntado ata entón, ata que se borre.
- Google: o correo electrónico (Gmail).
Non cedemos nin vendemos datos a ninguén, salvo obriga legal.
Transferencias fóra da Unión Europea
Cloudflare e Google tamén tratan datos nos Estados Unidos. Ambas as empresas están adheridas ao Marco de Privacidade de Datos UE-EUA, que a Comisión Europea recoñece como nivel de protección adecuado (Decisión de Execución (UE) 2023/1795, do 10 de xullo de 2023; art. 45 do RGPD).
A base de datos da análise, en Cloudflare D1, está restrinxida á Unión Europea: os datos gárdanse e trátanse só en centros de datos da UE.
Supabase garda en Europa o apuntado antes do traslado. Se tivese que acceder a eles desde fóra, faino con cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea (art. 46 do RGPD).
Os teus dereitos
Podes pedir acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos teus datos, e retirar o teu consentimento en calquera momento. Para todo iso, escribe a lonjagalicia@gmail.com. Só che pediremos algo para identificarte se hai dúbidas razoables sobre quen es.
As estatísticas sen identificador non permiten saber que datos son teus, así que sobre elas non podemos atender peticións individuais.
Se cres que non atendemos ben a túa petición, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Outros
- Non tomamos decisións automatizadas nin facemos perfís.
- Darnos datos persoais é voluntario: só ocorre se nos escribes ou se aceptas o identificador.
- Se cambia algo importante, cambiarémolo aquí e actualizaremos a data.